Origin: Spain
(Import costs included in the price)
It will be shipped from our warehouse between Thursday, July 11 and Thursday, July 18.
You will receive it anywhere in United Kingdom between 1 and 3 business days after shipment.
O País do Porvir (in Galician)
XoaquÍN FernÁNdez Leiceaga
Synopsis "O País do Porvir (in Galician)"
Pero Galicia, con esforzo e sacrificios, modernizouse. Explotando as posibilidades que ofrecía o mercado español, comunitario e mundial. Avanzando tamén grazas ás alavancas dun Estado, democrático e descentralizado, que foi progresivamente coidando dos seus habitantes e practicando a solidariedade, interpersoal e interrexional. Temos unha poboación formada, con empresas que traballan en mercados esixentes, co seguro que representa estamos integrados nun marco español e comunitario que favorece o proceso. E, sobre todo, cun autogoberno poderoso que, por máis que hoxe amose síntomas de crise, deberá pasar dunha adolescencia de crecemento fácil a unha madureza de responsabilidade e eficiencia. O futuro depende de nós. Economista, concelleiro, parlamentario e escritor, Xoaquín Fernández Leiceaga (Noia, 1961) propón neste libro cambiar a maneira de mirar o futuro, sen o peso do pasado mais si apoiándose nel para sortear as barreiras e superar os obstáculos. Empregando con sabedoría e afouteza os instrumentos que o país ten. Ese debe ser o país por vir. O país do porvir.