Origin: Spain
(Import costs included in the price)
It will be shipped from our warehouse between Friday, August 09 and Thursday, August 15.
You will receive it anywhere in United Kingdom between 1 and 3 business days after shipment.
O teu Perfil na Miña Sombra (in Galician)
Vega Rexina
Synopsis "O teu Perfil na Miña Sombra (in Galician)"
"O teu perfil na miña sombra" non e exactamente unha narracion, tampouco un libro de poesia nin un ensaio, pero baixo a forma de diario recolle todos eses rexistros para indagar nun dos temas esenciais da reflexion sobre o "ser muller": a maternidade. Durante moito tempo, este aspecto, absolutamente decisivo, estivo infrarrepresentado, unha experiencia agochada dentro de corpos e voces silenciadas. A definicion da maternidade vña desde outro lugar, marcada por arquetipos perversos que levaban cosidos moi dentro a idea do sacrificio e o seu reverso de culpa. A partir da marcha da filla, asistimos nestas paxinas ao relato dese tempo marcado pola sindrome do niño baleiro, o que da pe a unha reflexion sobre o complexo mundo das relacions maternofiliais, sobre o que herdamos e o que so a nosa responsabilidade pertence, sobre a vivencia do corpo, sobre as sombras e mais o gozo. De fondo, a consciencia da tremenda ambivalencia dunha aventura que se debate entre o un e o diverso, entre a apropiacion radical da outra e a asuncion, tamen radical, da alteridade.